12
mai

e a mesa deste ano, na entrega do premio, vai ser impresionante! parabéns miro!

12
mai

se vos apetece escoitar algún mais o 28 de maio na casa da cultura de carral.

26
abr

pois si… esta fin de semana participei na iniciativa da concellaría de cultura da coruña. a idea, que non sei de quen será, é brillante. unha feira na que os poetas dan a cara, saen a gañar o pan, miran nos ollos aos lectores e teñen conseguir que alguén pague un euro polos seus poemas. e todo iso en tempos de crise! porque, sexamos sinceros… pagar un euro por un café… ai, non! que o café xa dixo alguén que non custaba un euro… iso, que pagar un euro por unha barra de pan grandiña ou por un bocata con dúas rodelas de chourizo pois aínda se pagan… pero por poemas?

á persoa que se lle ocorreu ou a contratan indefinidamente ou a nominan para xenio/a incomprendido/a porque a iniciativa foi un éxito! non vos quero nin contar cal foi a sensación ao final do día. abrir a caixiña e ver billetes alí metidos. claro, claro… e vós diredes:  vaia novidade! pois si, señores e señoras! a min é que me venderan unha historia irreal: que se da poesía non se vive, que se ninguén le e menos poesía, que… e todo isto sen publicar nin unha liña!

falando niso… estade atentos porque aprox finais de maio xa poderemos ver os textos que comprastes impresos (e ben impresos). prometo avisar con tempo.

e agora un pouco máis a serio déixovos coas fotos dun proxecto emocionante no que os poetas recuperan por un día a esencia do que foi a xenealoxía da poesía: a rúa, os lectores, a feira

13
out

estou traballando para poñer bonita esta casa antes de convidarvos oficialmente a entrar…

téndeme paciencia que isto vai devagariño.