Que e iso de ser escritor?

Concello de Ribeira›Normalización lingüística›Novas

 

Unha vintena de cativos asistiron ao obradoiro “Que é iso de ser escritor?”  

Unha vintena de pequenos e pequenas de ata dez anos de idade participaron o pasado sábado na actividade  “Que é iso de ser escritor?”, coa que se daba inicio á programación do Maio Cultural 2012, organizada polo Concello a través das súas áreas de Educación e Cultura.

A Biblioteca Municipal de Riveira foi o escenario elixido para desenvolver esta acción, que impartiu a poetisa galega Eli Ríos (Londres, 1976), e na que os nenos tiveron a oportunidade da achegarse ao mundo da literatura dende unha perspectiva lúdica e divertida.

Moitos dos nais e pais dos cativos participantes quixeron asistir ao evento, no que tamén estivo presente a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya.

Mai 5th, 2012 | Posted in obradoiro
Tags:
Comments are closed.