Agradecemento Certame Rosalía de Castro( 14-05-2015)

SAMSUNG DIGITAL CAMERA

 

Hai uns versos de Rosalía de Castro que din:

maio longo… maio longo

todo cuberto de rosas

para algúns telas de morte,

para outros telas de voda.

Neste momento de celebración, de teas de voda, gustaríame xuntar, ás nosas, as voces de todas as teas de morte, de todas as mulleres que xa non están con nós e, especialmente, a de Isabel que foi asasinada a semana pasada no hospital de Ourense porque, como din dous versos deste poemario, Café intenso:

A vida continúa os seus abalos allea a unha muller morta.

Indiferente aos tropezos das circunstancias.

Quero agradecerlle ao xurado a valentía da súa escolla que nos impide ser indiferentes e nos dá ás mulleres, e a este terror que nos mata, esa visibilidade pola que tanto loitamos. Ás veces até a morte.

Agradecervos, tamén, a todas as persoas que aquí estades porque sen unha persoa que lea non existe unha poeta.

E, por último, á Fundación Rosalía de Castro e ao Concello de Padrón non só polo apoio económico e organizativo senón tamén por darlle ao Certame Rosalía de Castro o nome dunha das primeiras autoras que nos aprendeu a falar e escribir de NÓS MESMAS na NOSA LINGUA. Moitas grazas.

 

 

I Certame Poesía Rosalía de Castro

 

 

Mai 15th, 2015 | Posted in premios
Tags:
Comments are closed.