Os livros vam de bares: Doe tanto a túa ausencia. 7-10-2015

Agasallarase un volume de Doe tanto a túa ausencia a cada unha das persoas asistentes.

Poder comezar a presentación, deste poemario, con esta frase éncheme de ilusión porque os libros son, sempre, o presente que máis me emociona dar e recibir. E, por se fose pouco, este en concreto ven cunha historia chea de amizades e bos momentos.

O próximo mércores no Bar Serramo, e dentro do ciclo Os livros vam de bares organizado pola Libraria Suévia, falaremos un chisquiño do camiño das poesías que habitan estas páxinas, pero xa vos adianto que, entre elas, están a imaxe de Carlos Lorenzo Pérez, as palabras de Verónica Martínez Delgado, a edición de Santiago Nieto,…, e, como non!, o soporte do Concello de Outes que lle deu a posibilidade á poesía de converterse en libro nese XVIII Certame  Francisco Añón de Poesía.

E, mentres chega o mércores, déixovos coas palabras de Ramón Nicolás sobre Doe tanto a túa ausencia e o poema Tic tac incluído neste poemario. Vémonos nos bares!

 

Doe tanto_ Ramon Nicolas

 

Out 2nd, 2015 | Posted in presentacións
Tags:
Comments are closed.