Marta e a píntega na Estrada

Todas as presentacións teñen algo moi especial, pero a primeira é unha que non esqueces e que se vive con moitísima emoción.

Marta e a píntega levan uns días despuntando as súas páxinas con ganiñas de contarvos todo o que acontece no Mundo dos Contos e o que supón a empatía como motor para solucionar unha pequena lea que teñen entre as mans e as patas!

Comezaron a súa andaina no C.EI.P. Graxal. Moi pertiño da Fraga Encantada de Wenceslao Fernández Flórez (pista 1)

E, deste centro, chegaron píntegas tan impresionantes como estas feitas pola rapazada de terceiro de primaria:

 

oli_ Graxal

 

De alí, cruzaron a ría do Burgo e pasaron a Culleredo, ao C.P.R. Ponte Pasaxe, de onde regresamos acompañadas de máis píntegas que nos axudaron a dar un bo chimpo ata A Estrada!

 

contada

Déixovos, aquí, o que saiu na prensa e que, ademais, me fai moita ilusión porque se ve como, pouco a pouco, se vai enchendo a libraría ata rematar con rapazada escoitando desde a porta. Son contadas ocasións nas que se pode mostrar ese momento máxico no que a rapazada vai prendendo na historia ata sentar e quedar para escoitar o final.

 

LA VOZ DE GALICIA

FARO DE VIGO

 

 

 

 

 

 

 

Vémonos no Mundo dos Contos!

Xuñ 14th, 2016 | Posted in libros, prensa, presentacións
Tags:
Comments are closed.