Mulleres Bravas da Nosa Historia na Libraría Lila de Lilith (2017-01-12)

 

 

Presentar na Libraría Lila de Lilith é regresar a casa despois de pasar polo papel. Patri, a nosa fantástica libreira, acompañounos nos procesos de creación aportando debates moi interesantes e puntualizacións que enriqueceron os nosos textos.

 

 

 

Traer de volta as criaturas, xa feitas maiores e con forma de libro, foi moi emocionante.

 

 

Regresar a casa implica tamén unha caloriña da xente que alí estaba e que fixo esta presentación tan especial. Contamos, ademais, con Lorena Conde que nos puxo a pel de galiña cando nos levou polo mundo das lembranzas até as aulas de María Victoria Moreno, pero non vos vou contar máis porque xa as persoas de punkostela o dixeron mellor ca min:

 

Aquí tedes a publicación orixinal.

Xan 12th, 2017 | Posted in Sen clasificar
Tags:
Comments are closed.