Marta e a píntega no CEIP López Ferreiro

Unha das recomendacións que me fixeron, antes de publicar este libro, foi sobre a conveniencia de non “abusar” da mitoloxía clásica porque a rapazada descoñece estes referentes. Como son bastante carneirana pois mantiven as personaxes de Hércules, Caronte e Cancerbeiro porque non creo neses cantos de serea que sosteñen a falsa crenza de que a literatura infantil carece de contidos interesantes.

A experiencia nos centros mostroume que foi unha boa escolla, pero o do CEIP López Ferreiro foi incrible! Preguntei se sabían quen era Hércules. Un rapaz de dez anos levanta a man. Coa seguridade de quen goza a mitoloxía explicoume que tamén se lle chamaba Héracles, o nome do pai, da nai, como se converteu en inmortal, … Todo o grupo debateu sobre os traballos de Hércules e o que aparece no libro de Marta e a píntega. E, cando pensaba que non me podía asombrar máis… entran Cerbero e Caronte na conversa ao mesmo nivel! A conversa foi tan pero tan agradable que tivo que avisarme unha profe que o tempo remataba. Prendemos nas silveiras máis dunha hora! E divertímonos tantísimo coa mitoloxía!

As profes xa me avisaran para que deixara uns dez minutos no final porque a rapazada tiña preparada unha sorpresa. E vaia sorpresón!!! Un PoemOlis!!! Mirade que libro fixeron:

 

 

 

 

 

 

Adorei o PoemOlis!!! Moitísimas grazas pola conversa e por estes fantásticos poemas!Aquí unha autora feliz e unha píntega gorrobella encantada de ter pasado uns meses entre a rapazada do CEIP López Ferreiro. Por certo… di que os retratos que lle fixestes son mellores que calquera fotografía!

Xuñ 22nd, 2017 | Posted in libros, obradoiro
Tags:
Comments are closed.