Unha novela ten moita xente por tras

Despois daquelas primeiras palabras catro meses despois  abrollan as cuartas, as palabras de agradecemento para Celia Torres e Manuel Bragado por acoller este texto ( e á autora tamén!) e coidalo con tanto cariño, para Héctor Cajaraville polas súas agudísimas suxestións e para Paula Gómez del Valle por deixarse enredar nesta aventura cunha imaxe que lle dá o seu rostro propio á novela.

Rematamos, xa, as probas e as fotocopias orixinais adoptan forma de libro. Esta novela que non sería posible sen todas as persoas que participastes no proceso. Sen vós, hoxe, non podería poñer estas primeiras imaxes que xa andan nas redes. Sen vós, esta aventura literaria que comeza non sería posible.

Grazas por facer que Luns chegue ás mans das persoas que queiran acompañalo na súa andaina!

 

(por certo, xa coñecedes a miña aversión a estas plataformas das que está tirada a imaxe. Se vos apetece facervos cun exemplar da novela, non esquezades as librarías da contorna que son as que, día a día, apostan pola nosa cultura con grandes esforzos)

 

 

 

 

Xul 18th, 2017 | Posted in Sen clasificar
Tags:
Comments are closed.